Escorneados.
Fai uns días non poidemos resisti-la tentación da curiosidade, neste caso
mal sana, para saber quen podían ser eses veciños miñotos que figuraban nas
bases de datos pirateadas dunha coñecida empresa, adicada a establecer citas
amorosas para adultos,... Xa o temos averiguado, por respeto a esas persoas e á
súa vida privada imos a guardar un sepulcral silencio, non queremos ter os seus
datos persoais, sociais, sexuais,... polo cal nunca descargamos os arquivos.
Sempre dixemos e o mantemos, que a nivel social, económicos, cultural,... a
nosa comarca miñota funciona dun xeito dual; por un lado está a zona da Foz do
Miño (A Guarda, Oia e Rosal) e por outra beira está o interior (Tomiño e Tui).
Pois tamén neste delicado tema de buscar infidelidades mantense a premisa
da dualidade. Podemos afirmar que a zona da Foz do Miño (a una lado e outro do
río) son más leais coa súa parella, ou polo menos son persoais máis discretas.
En troques a zona interior da comarca miñota son máis dados a aventuras fóra do
fogar ou son menos discretos.
Número de persoas que figuran no listado da empresa de citas para adultos.
A Guarda............... 35 usuarios
O Rosal.................. 18 “
Tomiño.................. 167 “ Tui.........................
82 “
Valença.................. 105
“ Caminha
................ 48 “
Baiona ................... 117
“ Gondomar
............. 243 “
Nigrán .................... 486 “
Somos adultos e cada un debe goberna-la súa vida privada e facer
responsable da mesma. Imos a dar dous consellos a todos:
1º) A lexislación de protección de
datos na práctica é papel mollado, sobre todo para as grandes empresas.
2º) Os datos persoais que se moven
por internet son de moi, moi, moi difícil borrado.
Imos a cousas algo máis serias e importantes. Lembramos que na pasada
lexislatura municipal 2.011 a 2.015 en Oia, o ex-concelleiro do BNG Sr. Miguel
Giráldez tratou varias veces de grava-los plenos desa Corporación,... coa
oposición so Sr. Alcalde, do PP, do PSOE,... ¿É legal gravar
un pleno do Concello?; ¡¡¡Si!!!
O pasado día 24 de Xuño
do 2.015, o Tribunal Supremo (Sala do Contencioso Administrativo) emitiu unha
sentencia onde condea ó Concello de Mogán (Gran Canaria) e anula o artigo 107º
do seu Regulamento Orgánico Municipal, que impedía grava-los plenos do Concello. O Tribunal Supremo entende que esa norma
municipal viola o artigo 20º da Constitución (Dereito á información).
Queridos lectores, se
queredes gravar un pleno municipal, estades no voso dereito, ningunha
autoridade municipal, funcionario o pode impedir, por moitos galóns que teña no uniforme e se
considere a si mesmo como o General Treboada da Forzas Municipais Policiais,...
De feito se alguén trata de impedi-lo estaría prevaricando.
Imos con outra noticia xurídica; o
pasado 21 de Agosto entrou nun centro prisional de xeito voluntario o Sr. José
Luís Mena (ex Jefe do Servicio Municipal de Telde, Gran Canaria); para
cumprir cunha sentencia condenatoria de 3 anos e 6 meses de privación de
libertade,... Ó final perdeu toda a arrogancia e ata lle entrou prisas por
entrar no centro prisional, pois un auto do 14 de Agosto da Audiencia
Provincial de Gran Canaria o declaraba en rebeldía, e o situaba en busca e
captura.
Isto pode e debe de servir de aviso; a eses políticos e funcionarios que
aínda pensan que son os amos do urbanismo nos seus concellos,... de seguir con
esas manipulacións e actuacións de moi dubidosa legalidade, poden servir do
camiño máis curto para perde-los seus empregos municipais e gañarse unhas ben
merecidas vacacións pagadas nun centro prisional como A Lama.
Mirador do Monte Ancos, a 24 de Agosto
do 2.015.
(1 E)
Delmiro Paz Sacrosanta. Director
de Producción, de la fábrica de ataudes, “El Descanso Divino” (Ciudad de
Cementerio, Departamento de Curicó; Chile).
No hay comentarios:
Publicar un comentario