Mel para as abellas.
Ollamos que hai moita discusión có tema do lixo, cós contentores de lixo e
outras cousas similares;... Semella que hai un certo “aldeanismo” neste tema,
moita hipocresia e moi pouco saber facer ben as cousas.
Unha das cousas que nos sorprendeu ó chegar a esta cidade do país do
Vístula, tras asina-lo contrato de aluguer do piso, a empregada da inmobiliaria
entregounos un folleto informativo para os cidadáns sobre urbanidade. Uns días
despois achegámonos á oficina municipal de distrito para resolver asuntos
administrativos como novos residentes; aquí tamén nos entregan o mesmo folleto
informativo municipal sobre usos de urbanidade.
Resulta curioso este folleto informativo de usos de urbanidade municipal; imos
a expoñer algunhas das normas de uso urbanita desta cidade.
Está prohibido poñer lixo
os Domingos e festivos ata as 20.00 en inverno e 21.00 horas en horario de
verán. Así a cidade
permanece máis limpa e vistosa nestes días.
Está prohibido satisface-las
necesidades evacuatorias e defecatorias na vía pública e noutros lugares
públicos como parques, xardíns, zonas recreativas,... só pena de multa de 100€
a 300€. (Nada que ver
cós cheiros urinarios que algunhas mañáns dominicais ten a rúa Secundino Melón)
Está prohibido sacudir
mantas, alfombras e outros enseres cara á vía pública entre as 9.00 horas e as
20.00 horas en inverno, e as 21.00 horas en verán. Só pena de multa de 100€ a 300€. Na Guarda isto
aínda é un uso bastante usual,... ¡¡Que cotrosidade!!
O lixo doméstico depositase nos contentores municipais ou os de propiedade
do edificio (estes levan unha pegatina ben visible có enderezo do edificio). Todos os contentores teñen unha pegatina municipal coas
datas nas que serán lavados, limpados e aseados polo servicio municipal
de recollida do lixo. ¿Con qué periodicidade se lavan
os contentores na Guarda e concellos veciños?.
Os comercios, restaurantes, cafeterías,... teñen os seus
propios contentores de lixo, estes teñen unha pegatina có nome do comercio, restaurante,... que os
identifican e deben quita-los á rúa despois das 20.00 horas ou das 21.00 horas
en verán.
¿Por qué os restaurantes,
supermercados,... non teñen os seus propios contentores?.
Ademais, se algún negocio ocupa un espacio público para facer un uso privativo
do mesmo, a limpeza e aseo dese espacio vai a cargo do negocio privado. Como
vemos, na Guarda e bisbarra, uns poñen terrazas para o seu negocio e lucro
privado, pero logo a limpeza do espacio vai a cargo do erario municipal. ¡¡¡Que
diferencia!!!
Está prohibido
deposita-lo lixo fóra dos contentores; esta falta de urbanidade sancionase de 100€ a
300€. Na Guarda é moi usual facer isto, e logo resulta que o infractor culpa
das súas irresponsabilidades ós demais.
O deterioro grave, destrozo,
indendio,... dos contendores de lixo municipais; ademais dos custes de
reposición, esta sancionado cunha multa de 1.000€ a 3.000€.
Outra cousa que nos resultou sorpresivo, é que esta municipalidade ten uns
empregados que teñen como función “inspección
municipal de servicios”. ¿¿Existe unha normativa así na Guarda??, con
deberes, dereitos, inspeccións, infraccións, sancións,... esta son as pequenas
cousas que van marcando as distancias entre unha cidade (grande ou pequena) e
unha aldea.
Unha compañeira de
traballo di: “cázanse máis abellas usando mel en vez de vinagre”. Pero por desgracia nas terras miñotas do
lado galego, o normal é usa-lo vinagre da cotrosidade, suciedade e demais
variantes,... e iso que moitos problemas arranxábanse cunhas mans de pintura.
Pois iso, se queredes atraer máis turistas, hai que te-la Vila limpa, curiosa,
aseada,.... pero hai moitas persoas que aínda teñen usos cotrosos,
cochambrosos,...
¿Vostedes farían turismo nunha cidade ou localidade sucia, que cheira mal,
onde os seus veciños non teñen urbanidade nin educación?.
Nós entendemos que o nome
da institución “Concello de A Guarda” é propiedade de tódolos guardeses; se o concello habilita un medio de
comunicación este tamén debe estar á disposición de tódolos membros da
Corporación Municipal, como representantes dos guardeses. Dende fai uns
días ollamos ó novo Alcalde moi gozoso e feliz usando o twitter
#concellodaguarda; ¿¿¿o referido medio de
comunicación está aberto e dispoñible para os outros concelleiros???
Mirador do Monte Ancos, a 19 de Agosto
do 2.015.
Abraham Hurtado
Herencia. Subdirector de exportaciones de “Kagada
International Corporation” (Kagada; Gyoda, distrito de Saytama; Japón).
Moi boa entrada, pero gustaria de salientar que #Concellodaguarda non é un twitter, é un hashtag que pode ser usado por calqueira persoa, para vincular unha serie de tweets sobre un tema en cuestión. Os hashtags máis utilizados nun determinado momento son os denominados Trending Topic.
ResponderEliminarMadre Superiora Vick Svaporu, de la Orden de Curas de Humildad del Excelentísimo Palacio de Wittemberg.