lunes, 3 de noviembre de 2014

Dura Lex

CHANCHONADA 333º
Dura Lex.

Moitas veces escoitamos ós nosos veciños decir que están fartos de políticos ladróns,... e outras cousas similares. Sabemos que no idioma español, e no galego por proximidade, o verbo roubar ten moitos sinónimos: choricear, sisar, mangar, trincar, escamotear, desvalixar,.... Pero imos a facer unha precisión legal moi importante; todos pensan que roubar é quedarse con un ben que é alleo, pero a nivel legal, roubar é apropiarse dun ben usando violencia contra as cousas, contras as persoas ou intimidación nas mesmas.


Nos tipos de ilicitos penais que poden cometer políticos, altos funcionarios, empresarios, banqueiros,... ainda que se apropien dos ben alleos, no empregan violencia contras as persoas, nin contra as cousas, non intimidan ós cidadáns,... realmente fan uso da súa posición privilexiada, da confianza que neles depositamos, da súa responsabilidade profesional. Polo tanto a efectos legais non é un roubo, son outras figuras penais.

Na nosa opinión profesional, está demasíado penado un roubo; pero en troques estes tipos de ilicitos penais non están ben penados, non teñen efecto disuasorio sobre os posibles responsables penais. Ademáis temos un marco xurisdiccional penal que é moi garantista có delincuente; sobre todo si este ten diñeiro para pagar a un bó grupo de abogados; pode conseguir que a fase instructora prolonguese moito no tempo, obstruir a fase de investigación, dilata-la chegada do xuizo,... buscando a prescripción do délito, ou do procedemento xudicial. En troques os medios xudiciais para investigar son escasos, faltas funcionarios e xuices preparados para novas figuras delictivas.


Sabemos que falar da aprobación de novas Leis para loitar contra a corrupción soa moi ben na prensa, da titulares nos xornais, e a cidadania fica contenta,... Imos a falar clariño, a nosa querida “LECrim” (Lei de Enxuizamento Criminal) data de 1.882 (¡¡ten 132 anos!!); está moi obsoleta, e sobre todo estaba pensada para impartir dous tipos de xustiza diferenciada, unha para clase popular e outra para a clase pudente,... Polo tanto, necesitamos unha nova Lei de Enxuizamento Criminal, máis moderna, con menos recursos, máis simple, que sexa áxil e rápida,...

Por outro lado, temos un bó Código Penal, pero tamén está pensado para penar severamente os actos ilicitos penais das clases baixas, frente ós actos ilicitos penais das clases altas. Imos a explicar a continuación algunhas figuras de ilicitos penais; pois en xeral os nosos veciños e lectores descoñecen certas cousas legais:


ROUBO:
Artigo 237º: “Son reos do delito de roubo, os que con ánimo de lucro, apoderanse das cousas moveis alleas usando forza nas cousas, para acceder ó lugar onde estas están, ou violencia, ou intimidación nas persoas”.


Pena básica: prisión de 1 a 3 anos; prisión de 2 a 5 anos en vivenda habitada, violencia ou intimidación de persoas.


ESTAFA: (caso das presuntas emisións das preferentes)
Artigo 248º: “Cometen estafa os, que con ánimo de lucro, utilicen engano bastante para producir un erro en outra persoa, inducindoa producir un acto en perxuizo alleo ou propio”.


Pena básica: prisión de 6 meses a 3 anos si excede de 400€; prisión de 1 a 6 anos nos casos agravados do artigo 250º.


APROPIACIÓN INDEBIDA: (caso das presuntas tarxetas opacas de Bankia)
Artigo 252º: “Os que en perxuizo de outros apropiánse ou distraen diñeiro, efectos, valores, calquera outra cousa moble ou activos patrimoniais, recibidos en depósito, comisión ou administración; por un título que obrigue a entregalo ou devolvelo; neguen habelos recibido”.
Pena básica: prisión de 6 meses a 3 anos si excede de 400€; prisión de 1 a 6 anos nos casos agravados do artigo 250º.


INSOLVENCIA PUNIBLE: (caso das presuntas insolvencias de grandes empresas)
Artigo 257º: “Quen alce os seus bens en perxuizo dos seus acreedores; para evitar un acto de disposición patrimonialque dilate, dificulte ou impida a eficacia dun embargo xudicial, administrativo xa iniciado ou de previsible inicio”.
Pena básica: prisión de 1 a 4 anos si excede de 400€; prisión de 1 a 6 anos nos casos que o acreedor sexa unha persoa de Dereito Público.


BRANQUEO DE CAPITAIS: (ilicito penal cometido por grandes fortunas)
Artigo 301º: “Quen adquira bens, posua, use, converta ou transmita bens sabendo que estes teñen orixe nunha actividade delictiva cometida por el, ou por terceira persoa; ou realice calquer outro acto para tratar de ocultar ou encubri-lo seu orixen ilicito”.
Pena básica: prisión de 6 meses a 6 anos.


COHECHO: (Soborno a funcionario público)
Artigo 420º: “A autoridade ou funcionario público que en proveito propio, ou dun terceio, reciba ou solicite por si mesmo, ou persoa interposta un regalo, favor ou retribución, coa promesa de facer una acto propio do seu cargo”.
Pena básica: prisión de 2 a 4 anos.


TRÁFICO DE INFLUENCIAS (político ou funcionario que influen en outro funcionario)
Artigo 428º: O funcionario ou autoridade que influe noutro funcionario ou autoridade, valendose do seu cargo ou da súa situación xerárquica, para conseguir unha resolución que lle xenere directa ou indirectamente un beneficio económico, para si mesmo ou terceira persoa”.
Pena básica: prisión de 6 meses a 2 anos.


Por exemplo, o Cohecho e o Tráfico de influencias, son delitos que poden cometer cargos políticos e altos funcionarios,... como vemos están pouco penados. O délito de branqueo de capitais, o fan aqueles que “distraen” importantes cantidades de diñeiro público, ou que se adican ó narcotráfico, necesitase para o mesmo a cooperación de empregados de banca e os servicios destas empresas,.... ¿Cántos banqueiros hai nun centro prisional?


Como vedes, o noso Código Penal está bastante ben feito; pero as penas non son proporcionais ós delitos cometidos, ós capitais movidos, sustraidos,... semella que canto máis diñeiro menos pena. Aquí erraron os lexisladores (diputados e senadores) ó formula-la Lei; básicamente esta Lei é severa có ladrón de toda a vida, ou aquela persoa que por necesidade rouba unha barra de pan, pero ó mesmo tempo é moi suave coa persoa que branquea centos de millóns nun paraiso fiscal,... despois de poucos anos dentro dun centro prisional, sabe que nese paraiso fiscal ten millóns na súa espera.


¡¡¡¡Menos Leis e mellor feitas!!!!


Mirador do Monte Ancos, a 3 de Novembro do 2.014.
Segundo Primo de los Reyes. “Marqués del Usted no sabe Quien soy Yo” (Manteca; San Joaquín; California; USA).


domingo, 2 de noviembre de 2014

Castañas en Cerveira

CHANCHONADA 332º
Castañas en Cerveira.



Un xubilado que cobra unha pensión no é un ignorante financeiro”. Esta frase, a dixo o Sr. Miguel Blesa na súa declaración ante a Audiencia Nacional, para xustifica-la súa xestión das emisións de preferentes feitas por Caja Madrid. Ou sexa, un xubilado, estes homes e mulleres que naceron nos anos 30, 40 e primeiros dos 50, que apenas acudiron a unha escola, que ainda sen remata-la infancia xa estaban a traballar,... estas persoas teñen que ter coñecementos de productos financeiros complexos; pero persoas que foron ministros, que son inspectores de Facenda, que foron Secretarios de Estado de Facenda,... esas persoas descoñecen que deben pagar impostos. Agora resulta que estábamos ogbernados por tontos.

Os nosos pais serán persoas sen estudios, pero non son tontos; para iso estamos os seus fillos, para defende-los seus dereitos. En troques eses listillos que presumían de coñecementos para ocupar altos cargos do Estado, agora din que eles eran ignorantes. Realmente, o que lles sobra é moita cara dura.


Como moitos miñotos deste lado galego do río Miño; os sábados pola tarde acudimos a Vila Nova de Cerveira, para desfrutar do día de mercado, dun paseo polos parques que están na beira do río,... Este sábado, mentras unha parte da familia facía compras no mercado, outros mercamos unhas castañas asadas, e as disfrutamos no antigo transbordador, gozamos deste sol de “veroño” (díse do tempo estival que prolongase no outono)... onde nos acompañou outro veciño, recoñecido e vello militante do PP tomiñés. Entre castaña e castaña, un grolo de cervexa,... foi facendo reflexións,... moitas delas moi persoais, pero todas elas moi sinceiras.

Como militante do PP está asqueado ante tanto alto cargo do PP e “amigotes” próximos a estes implicados en casos de corrupción. Durante anos, este veciño traballou con ánimo e total desinterés para o PP, pegando carteis, repartindo votos porta a porta entre os veciños das parroquias de Estás, Figueiró, Goián,... ¿para qué?. Para poñer a catro en postos de diputados, para que logo poñan ós seus amigos e familiares en altos postos da Administración, para facer negocios con outros amigotes,... Nunca, ningún deses deu a cara ante os veciños, nunca reparten votos porta a porta, nunca van a pegar carteis,... ¡¡¡Que traballen os tontos, para beneficio dos listos!!!

El sempre foi unha persona traballadora, un empregado dunha empresa con sede en Vigo,... agora está xubilado. Sinte asco, ó ver como esas persoas que ocupan altos cargos que están ben pagados, ainda por riba cobraban sobres en diñeiro B, ou tiñan tarxetas opacas,... Aqueles que deben dar exemplo, son os primeiros en ocultar diñeiro á Facenda Pública. Sente moito asco, pois durante anos el e outros compañeiros puxeron diñeiro dos seus petos para paga-la cola dos carteis, pagaban a gasolina dos coches que facían publicidade coa megafonía,... Aqueles que pregoan a favor dos recortes, son os que nunca recortan os seus privilexios.

Está seguro que durante moitos anos, tanto el como outros militantes do PP foron usados como man de obra barata, para que certos señoritos e familiares tomasen asento nos postos de dirección da Administración. A opinión da gran base de militantes nunca foi consultada, nin para as eleccións municipais,... aquí chega un señor da Deputación e di quen debe ser o candidato do PP para a Alcaldía do Concello; os demais a calar e a pegar carteis.

Todo ten un límite, a paciencia tamén se esgota. Xa non está disposto a traballar para beneficio deses catro, non quere ir porta a porta pedindo o voto, escoitar reproches, malos xestos,... e outras cousas; depois de todo el sempre foi un militante de base, nunca tivo un posto de concelleiro nin nada similar, nunca “enchufou” a ninguen,... Xa ten claro que non vai poñe-la cara para receber bofetadas polo que outros fixeron.

De momento, o seu asco é tan forte que xa non quere saber nada, non pensa pegar carteis, nin repartir votos, nin estar de apoderado nunha mesa,... xa non lle importa que candidato ou candidata presenta o PP en Tomiño, e moito menos os de Tui, A Guarda,... Gustaríalle que o próximo 25 de maio do 2.015 fixese sol, para pasa-lo día na praia.

Escoitamos isto en silencio; só o noso sogro interviña na conversa. De verdade que o nivel de asqueamento e desolación da nosa sociedade é moi grande. Noutras persoas do PP, e tamén do PSOE, temos ollado un sentemento similar. Isto non é unha boa sinal, os altos cargos dos partidos viven nos despachos das súas torres de márfil, ben enmoquetados, e semella que non lles chega o asco que sinten os seus militantes e simpatizantes; que van desertando desas posicións, pois hai actitudes e feitos que son indefendibles, e eles non son os culpables, non teñen porque agacha-la cara en sinal de vergoña ante os seus veciños.

En silencio, pensábamos, para iso naceu este “Mirador”, para que a xente normal soubese de cousas ocultas dos políticos que están nas direccións, que soubesen o que fan, o que non fan,... que esa información que eles tratan de ocultar, rematase por chegar ó coñecementos dos veciños. Pero esta situación de desánimo e derrotismo non é boa, pois lle deixa campo libre para eses que rouban o noso, ninguen lles vai a opoñer resistencia dentro das estructuras dos partidos.

Posiblemente, a gañadora das vindeiras eleccións locais sexa “Dona Abstención”. Isto non é bó; pois a non particpación dos cidadáns é algo así como un acto de cobardía, de aceptar unha derrota de toda a sociedade, Deste xeito con que voten só os militantes máis ácerrimos dos partidos, as eleccións xa serían válidas,...



Mirador do Monte Ancos, a 1 de Novembro do 2.014.
Fructuoso Perales del Manzano. Maestro artesano en la elaboración de zumos de frutas, Fábrica de zumos artesanales “O Exprimidor” (Melín; Ourense; España).