miércoles, 15 de octubre de 2014

Loteria familiar

CHANCHONADA 323º
Loteria familiar.



Nas últimas oposicións de emprego público do Concello de Vigo, feitas no 2.012, correspondente á oferta de emprego público do 2.008; teñen deparado algunhas sorpresas, realmente esperadas: 13 postos resultan ocupados por familiares directos de dirixentes do PSOE e UGT de Vigo, que son empregados do Concello de Vigo.
Nós decimos que isto é enchufismo, outros dirán que é o resultado de todo un proceso legal, e que os aspirantes estaban moi ben preparados e obtiveron as mellores notas nos procesos selectivos, con altas calificacións,... Esta argumentación é completamente valida, pero esquecen decir que parte do tribunal seleccionador que calificaban os examenes eran sindicalistas e ó mesmo tempo familiares directos dos seleccionados.
Para empezar, a cuestión de relación familiar, xa é unha causa de abstención, para non formar parte do tribunal de selección; para mante-la independencia do órgano de selección; como non existíu abstención, todo o proceso está viciado, e podería ser impugnado por un tribunal de xustiza. ¿Quén controla que certos membros do órgano de selección non realicen filtracións ós seus familiares das preguntas que forman parte do examen?. O proceso xa estaba trucado dende o inicio. Así o Sr. Domingo Barros (UGT de Vigo) valorou a vinculación entre delegados sindicais do Concello, membros do tribunal de selección, cós aprobados que son familiares dos mesmos, como ¡¡unha casualidade!!
¡¡Que non somos tontos!!, realmente non é unha casualidade, realmente é unha causalidade, pois existe unha estreita relación entre a causa (relación de parentesco) e o resultado final: obter un postos de traballo no Concello de Vigo.


A seguir imos a expoñer unha pequena relación deste causalidade, entre as persoas que obtiveron un postos de traballo no Concello de Vigo, e o membros do tribunal de selección. Tamén imos a expoñer as seguintes relacións: afiliado do PSOE de Vigo; afiliado á UGT de Vigo.
1º) Sr. César Casas González (PSOE + UGT) : irmá como oficial conserxe.
2º) Sr. Manuel Bueno Heredia (PSOE + UGT): fillo como subalterno municipal; sobriña como auxiliar administrativo, outro fillo como empregado municipal dende o 2.007.
3º) Sr. Pergentino Martínez Pampillón : un fillo como empregado de oficios varios.
4º) Sra. Concepción Rodríguez Rodríguez : un sobriño como policía local de Vigo; xa traballan no Concello de Vigo, o marido e 3 cuñados.
5º) Sr. José Carlos Montemuiños Santos : filla como auxiliar administrativa.
6º) Sr. Francisco José García Soto : un fillo como empregado de oficios varios e unha sobriña como auxiliar administrativa.
7º) Sr. Carlos Pérez Rodríguez : a súa parella como subalterna municipal.
8º) Sr. Alfonso Conde Rodríguez : fillo como empregados de oficios varios.
¡¡¿¿A isto lle chaman casualidade??!! Pouco a pouco, estes membros do PSOE e UGT van facendo do Concello de Vigo a súa axencia particular de contratación de familiares.


Dende fai unhas semanas temos ollado a certos cargos da UGT do Concello de Vigo, visitando a casa do Concello de A Guarda; non son visitas para saudar a coñecidos, nin támpouco casuais,... Contan os nosos servicios de información, que ante a previsible marcha do Sr. José Manuel Domínguez Freitas (Alcalde de A Guarda), estase intentanto deixar ben apousentada a unha familiar de certos cargos da UGT, para que teña a súa praza de funcionaria municipal, e así goce dun “oasis” de tranquilidade laboral para os vindeiros 30 anos.
En principio non temos nada en contra da actividade sindical,... pero, non gustamos nada deses sindicalistas que só ollan para os dereitos laborais dos seus familiares e achegados. Non sentimos ningunha tranquilidade, por eses altos cargos administrativos da UGT, con antepasados familiares na Guarda, cando sabemos que os mesmos vestían camisa azul, con xunta e frechas bordadas en vermello e cantaban sobre “que volverá a reir la primavera”,... Se antes mandaban, agora queren seguir mandando, esta visto que a cor da camisa é o de menos.
Estes son os sindicalistas que temos; un exemplo disto é o recen nomeado presidente do cómite de empresa de IKF Europa; o noso amado líder sindical rosaleiro-guardés líder sindical de CC.OO; en IKF A Guarda (fábrica coñecida como “As Cachadas”). O noso amado líder sindical é moi recoñecido pola súa gran actividade sindical como xogador de padel e tenis, no Club de Tenis Codesal,... mentras os seus compañeiros de empresa ollan como desaparecen os seus dereitos laborais.
Que podemos esperar, cando os nosos líderes sindicais venden os nosos dereitos laborais, a cambio de manter e aumentar os seus privilexios familiares. A eles sempre lles toca os premios da loteria sindical, e nos pagamos as papeletas que nunca teñen premio. Querido Sr. Pedro sánchez, lider do PSOE, ten moito lixo que limpar dentro do seu partido,... despois da limpeza xo pode dar clases de ética e moralidade política.


¿Qué céntrico edificio de A Guarda ten no seu tellado como elemento “decorativo” un moneco dun moucho?. Pregunta que faciamos na “chanchonada 319º”; pois ben na rúa Manuel Álvarez, ó comenzo da mesma, no edificio onde está a tenda de mobles “Hermanos Salcidos” no seu tellado é onde está este elemento con forma de moucho; é moi visible dende o outro lado da rúa.


Mirador do Monte Ancos, a 15 de Outubro do 2.014.

Amador Felicidade Eterna. Director de Comunicación de la revista de eventos sociales y religiosos, “La Santa Paciencia” (Amadora, Distrito de Lisboa; Portugal).

lunes, 13 de octubre de 2014

Datos paro de Setembro, 2014

CHANCHONADA 322º
Datos paro de Setembro, 2014.



No pasado mes de Setembro, o paro baixou na comarca do Baixo Miño en 323 persoas; felicidades para estes veciños, xa adiantamos que é un bó dato; é a baixada no paro mellor nos últimos anos; pero disto xa explicaremos cousas no vindeiro artigo.


A Guarda en Setembro de 2.014 = 798 parados (Homes 379 e Mulleres 419)
Menores de 25 = 39 (Homes 17 e Mulleres 22)
Entre 25 e 44 = 383 (Homes 166 e Mulleres 217) (48% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 376 (Homes 196 e Mulleres 180)

Agricultura = 100 (34 novos empregos)
Industria = 101 (8 novos empregos)
Construcción = 89 (2 novos empregos)
Servicios = 455 (13 novos empregados)
Sen emprego = 51 (1 novo emprego)

Na Guarda o paro baixa en 58 persoas:
Poboación masculina: 379, hai 57 novos empregados. (Menores de 24 anos, hai 10 novos empregados; de 25 a 44 anos hai 35 empregos e maiores de 45 anos 12 novos empregos).
Poboación feminina: 419, hai 1 nova empregada. (Menores de 24 anos con 3 novos empregos; 25 a 44 anos non hai trocos; maiores de 45 anos con 2 novas paradas).


Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -6,78%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -9,52%, baixa en -84 parados. É o concello que presenta un dos mellores comportamentos na creación de emprego neste mes, así como no acumulado dos últimos 12 meses.


O Rosal en Setembro de 2.014 = 636 parados (Homes 275 e Mulleres 361)
Menores de 25 = 38 (Homes 13 e Mulleres 25)
Entre 25 e 44 = 270 (Homes 116 e Mulleres 154)
Maiores de 45 = 328 (Homes 146 e Mulleres 182) (51,57% do total de desempregados)

Agricultura = 72 (26 novos empregados)
Industria = 105 (15 novos empregados)
Construcción = 105 (7 novos empregos)
Servicios = 309 (3 novos emoregados)
Sen emprego = 42 (3 novos parados)

No Rosal o paro sube en 49 persoas:
Poboación masculina: 275, hai 50 novos empregados. (Menores de 24 anos, hai 3 empregados; de 25 a 44 anos hai 25 novos empregados; maiores de 45 anos hai 22 empregados).
Poboación feminina: 361, hai 1 nova parada. ( Menores de 24 anos, hai 4 desempregadas; 25 a 44 anos non hai trocos; maiores de 45 anos con 3 novas empregadas).


Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -7,15%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -1,70%, con -11 parados. . A actividade estival vacacional non xenera emprego; collendo o efecto de creación de emprego da vendimia, os datos no Rosal son malos. Segue agravandose o paro nos maiores de 45 anos. Ademais presenta o pior porcentaxe de creación de emprego nos últimos 12 meses.


Oia en Setembro de 2.014 = 285 parados (Homes 144 e Mulleres 141)
Menores de 25 = 10 (Homes 4 e Mulleres 6)
Entre 25 e 44 = 144 (Homes 73 e Mulleres 71) (50,52% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 131 (Homes 67 e Mulleres 64)

Agricultura = 37 (1 novo empregado)
Industria = 22 (4 novos empregados)
Construcción = 44 (3 novos empregos)
Servicios= 160 (20 novos parados)
Sen emprego = 22 (2 novos empregados)

En Oia o paro sube en 10 persoas:
Poboación masculina: 144, hai 4 novos empregados. (Menores de 24 anos, hai 2 empregados; de 25 a 44 anos hai 4 empregos; maiores de 45 anos hai 2 novos parados).
Poboación feminina: 141, hai 14 novas paradas. ( Menores de 24 anos, hai 1 empregada; 25 a 44 anos hai 7 novas paradas; maiores de 45 anos con 8 novas paradas).


Respecto ó mes anterior o paro sube un -2,48%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -6,86%, con -21 parados. É un mal dato; pero debemos recoñecer que o mes de Setembro non é bó para o emprego, dende o ano 2.010 son cinco anos consecutivos sen crear emprego en Oia.

Tomiño en Setembro de 2.014 = 1.489 parados (Homes 708 e Mulleres 781)
Menores de 25 = 108 (Homes 57 e Mulleres 51)
Entre 25 e 44 = 660 (Homes 294 e Mulleres 366)
Maiores de 45 = 721 (Homes 357 e Mulleres 364) (48,42% do total de desempregados)

Agricultura = 140 (47 novos empregos)
Industria = 230 (18 novos empregos)
Construcción = 240 (1 novo emprego)
Servicios = 750 (37 novos empregos)
Sin emprego = 129 (6 novos empregados)


En Tomiño o paro baixa en 109 persoas:
Poboación masculina: 708, 58 novos empregados. (Menores de 24 anos, hai 8 empregados; de 25 a 44 anos hai 42 novos empregos; maiores de 45 anos hai 8 novos empregos).
Poboación feminina: 781, hai 51 novas empregadas. ( Menores de 24 anos, hai 16 novas empregadas; 25 a 44 anos hai 19 empregadas; maiores de 45 anos con 16 novas empregadas).


Respecto ó mes anterior o paro baixa un -6,82%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego baixa en -94 parados, un -5,93%. É un dos concellos que causa sorpresa, rexistra o mellor dato de creación de emprego dende o ano 2.005; a maioría dos empregos son na agricultura, o cal no é un bó camiño.


Tui en Setembro de 2.014 = 1.947 parados (Homes 804 e Mulleres 1.143)
Menores de 25 = 121 (Homes 66 e Mulleres 55)
Entre 25 e 44 = 965 (Homes 360 e Mulleres 605) (49,56% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 861 (Homes 378 e Mulleres 483)

Agricultura = 62 (16 novos empregos)
Industria = 340 (11 novos empregos)
Construcción = 242 (23 novos empregados)
Servicios = 1.053 (58 novos empregos)
Sin emprego = 250 (9 novos empegados)


En Tui o paro baixa en 117 persoas:
Poboación masculina: 804, hai 82 novos empregados. (Menores de 24 anos, hai 14 empregados; de 25 a 44 anos hai 53 novos empregados; maiores de 45 anos hai 15 empregos).
Poboación feminina: 1.143, hai 35 novas empregadas. ( Menores de 24 anos, hai 1 empregada; 25 a 44 anos hai 32 empregadas; maiores de 45 anos con 2 empregadas).


Respecto ó mes anterior o paro baixa un -5,69%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego baixa en 213 parados, un -9,86%. É un dos concellos que causa sorpresa, rexistra o mellor dato de creación de emprego dende o ano 2.005; de feito duplica o dos anos inmediatamente anteriores.

1º) O 75% dos novos empregos foron xenerados en tomiño e Tui; o efecto vendimia de creación de emprego funcionou,... ¡pero non nos lugares esperados!. Nunca, nos datos que nos temos, Tomiño e Tui xenerarán tanto emprego neste mes, nunca superaron en conxunto o emprego xenerado na Guarda e Rosal.


2º) Esperabamos malos datos para o mes de Outubro; con este mes comenza a longo período de destrucción de emprego durante o inverno.



Mirador do Monte Ancos, a 13 de Outubro do 2.014.
Román Ponte Alta. Presidente de la Asociación de Comerciantes e Industriales de Venta de Pantalones, conocida popularmente como “La Pana” (Palencia; España).