miércoles, 4 de junio de 2014

Actividades gastronómicas

CHANCHONADA 261º

Actividades gastronómicas.



¿Qué lle acontece a un xoven texano que ven a España a perfecciona-lo seu español?; pois ó igual que ós seus compañeiros de estudio alemáns, británicos, polacos, italianos,... o primeiro que aprendemos son os tacos e outras palabras malsonantes,... isto acontece sempre que inicias o aprendizaxe dun novo idioma. De aqueles anos de estudiante en Salamanca, a palabra que adoptei como descargante de tensión foi: “gilipollas”.

Todos sabemos (polo menos en España) que un “gilipollas” é un tipo de tonto moi concreto i específico, é un tonto cheo de vanidade e autocomplacencia, incapaz de darse conta que é o centro de tódals risas e chistes. O problema surxe cando levas esta palabra española a Texas, onde é descoñecida, pero a usas de tal xeito que a xente pensa, con esta palabra designase a aquela persoa que non sabe adoptar medidas de precaución i é torpe laboralmente. Só moi poucas persoas coñecían o verdadeiro significado.

Pero un día, con esta labor de ir introducindo o idioma español na vida laboral da empresa; certa empregada de orixen non hispano, que fala español, titulada por unha universidade da zona dos grandes lagos,... Resulta ser a persoa adicada a ir incorporando o idioma español na empresa,... e por contacto laboral, adoptou o uso non correcto de gilipollas. Chegas un día ó control de acceso a empregados e atopas o seguinte cartel.


O cartel durou exposto o que dura un caramelo nas máns dun neno. O problema para nos, é que agora non podemos usar esta palabra para descargar certa tensión,... pois a xente xa coñece o seu verdadeiro significado.



O pasado xoves, 29 de maio; certa señora despois de recoñe-los nenas nun colexio, xustamente nesa hora que algúns ollamos para o reloxo de saída, outros rematan a xúa xornada escolar,... Pois esta protagonista, ollou como diante do grupo de nais, cós seus correspondentes nenos, ian varios empregados municipais da Guarda, pero non en actitude de traballar, nin de continuar cóa súa xornada laboral,... ó chegar a certo restaurante que hai nas proximidades da Alameda, con nome en lingua italiana; todos estes empregados entraron no mesmo.

Cando camiñas detrás dunha persoa, as veces é imposible evitar escoita-la conversa; cando o tema non interesa, o cerebro no graba eses datos, pero cando a conversación é interesante, o cerebro si que graba eses datos. Os nosos empregados municipais estaban convidados a un agape pola directiva das Festas do Monte, en sinal de gratitude pola cooperación prestada.

Ata aquí todo semella ser correcto. Pero si esa directiva quer convidar a comer nun restaurante a empregados do Concello, por favor que sexa fora do seu horario laboral; non sabemos si estes empregados tiñan o permiso dos seus superiores, pero se non o tiñan entón estamos ante unha ausencia non xustificada do posto de traballo, o cal é unha infracción en materia laboral. Támpouco sabemos si aquel reducido grupo de empregados foron os máis activos en cooperar coa festa, ou hai empregados que sendo cooperadores non estiveron convidados,... ou detrás do convite había outro interés que descoñecemos.

Aplaudimos a iniciativa da directiva das Festas do Monte en convidar a empregados do Concello en sinal de agradecemento. Pero queridos señores, támpouco estaría nada mal que fixesen publicas as contas da Festa do Monte (a principal festa da comarca do Baixo Miño), para que sexan de coñecemento dos veciños,... pois estas fanse coa xenerosa aportación de veciños, comerciantes i empresarios locais,... Por transparencia deberíamos poder saber como se gastan estes diñeiros; lamentablemente, non temos datos das directivas que organizan festas, das constas das mesmas,..

Non sabemos que está sucedendo, pero nestas pasadas semanas hai moita actividade lúdico gastronómica de persoas con significancia política, de empregados do Concello,... Haberá que facer un estudio moi serio e profundo, para descobrir esta inusitada actividade grastronómica por parte de persoas relevantes na sociedade guardesa.


Mirador do Monte Ancos, a 04 de Xuño do 2.014.

Francisco Jones Gallego (PACO JONES) . Ingeniero de producción y transporte de crudo de la TEXACO JONES OIL (CorpusChristi; Texas, USA).

lunes, 2 de junio de 2014

Feliz 229 aniversario

CHANCHONADA 260º

Feliz 229 aniversario.



Non sei que temario de historia teñen hoxe os nosos alumnos nas escolas; pero é evidente que o nivel académico en Historia é baixo, descoñecen moitos feitos históricos, e outros teñen versións erroneas (por non decir manipuladas). Por exemplo, hai moitos chavales que pensan que a actual bandeira española é unha herdanza do franquismo, un rescoldo da guerra civil,... ¡¡Que errados están!!

Realmente as bandeiras nacionais non comenzan a establecerse ata mediados do século XVIII e durante o século XIX; pois é neste intre cando vai tomando corpo a concienca nacional dos pobos; antes tiñanse por natural dun reino, dun condado, dun ducado,... A historia da bandeira nacional de España, realmente non hai un emblema único, cada Rei usaba o seu; pero coa chegada dos tercios e da expansión como potencia militar de España a partir de 1.500, estes usan diferentes bandeiras (as coronelas), pero todas teñen en común o uso da “Cruz de Borgoña, ou Cruz de San Andres”.



Esta bandeira da “Cruz de Borgoña” era de uso exclusivo dos tercios e da armada, das fortalezas que protexían os asentamentos e portos en América, Filipinas, illas do Pacífico,... Durante máis de 200 anos a “Cruz de Borgoña” por decilo de algún xeito era a bandeira nacional de España dun xeito non oficial. Pero con moito calado, pois moitos países de América, cidades, estados,.... esta bandeira hoxe forma parte dos seus emblemas heráldicos, como é o caso do estado de Alabama (USA), está presente en moitas fortalezas españolas que hoxe son munumentos nacionais en USA.

Pero esta bandeira xeraba confusión coa bandeira da armada inglesa, algúns rexementos xermánicos que loitaban para Gran Bretaña usaban un modelo similar,... Así que, o Rei Carlos III o 28 de Maio de 1.785 aproba o seguinte Real Decreto:

Para evitar los inconvenientes y perjuicios que ha hecho ver la experiencia puede ocasionar la Bandera Nacional de que usa Mi Armada Naval y demás Embarcaciones Españolas, equivocándose a largas distancias ó con vientos calmosos con la de otras Naciones, he resuelto que en adelante usen mis Buques de guerra de Bandera dividida a lo largo en tres listas, de las cuales la alta y la baja sean encarnadas y del ancho cada una de la cuarta parte del total, y la de enmedio, amarilla, colocándose en ésta el Escudo de mis Reales Armas, reducido a los dos quarteles de Castilla y León, con la Corona Real encima; y el Gallardete en las mismas tres listas y el Escudo a lo largo, sobre Quadrado amarillo en la parte superior. Y que las demás Embarcaciones usen, sin Escudo, los mismo colores, debiendo ser la lista de enmedio amarilla y del ancho de la tercera parte de la bandera, y cada una de las partes dividida en dos partes iguales encarnada y amarilla alternativamente, todo con arreglo al adjunto diseño. No podrá usarse de otros Pavellones en los Mares del Norte por lo respectivo a Europa hasta el paralelo de Tenerife en el Océano, y en el Mediterráneo desde el primero de año de mil setecientos ochenta y seis; en la América Septentrional desde principio de julio siguiente; y en los demás Mares desde primero del año mil setecientos ochenta y siete. Tendréislo entendido para su cumplimiento.
Señalado de mano de S.M. En Aranjuez, a veinte y ocho de mayo de mil setecientos ochenta y cinco.”


Fai 229 anos naceu a Bandeira Nacional de España; en principio era solo para os buques de guerra, pois a marina mercante usaria outro modelo similar, pero por cuestións prácticas a partir de finais do século XVIII usan tamén o pabellón nacional da Armada, o cal tamén pasa a ser usado nas fortalezas e outras instalacións da Armada. A partir de 1.808, coa guerra de independencia contra os franceses, como as poucas cidades non ocupadas son costeiras, con presencia da Armada, da infanteria de marina,... a xente vai asociando a Bandeira Nacional da Armada, como a bandeira da España que loita contra os franceses.

Pero haberá que esperar ó Real Decreto do 13 de Outubro de 1.843, polo que a Bandeira Nacional da Armada, pasa a ser a Bandeira Nacional de España; máis ou menos este documento legal veo a recoñecer o que xa era algo de uso habital e práctico entre a xente; sobre todo nos portos e cidades de América. A 1º República de 1.873, seguíu usando esta Bandeira Nacional, a única modificación que lle fixo, foi ó escudo heráldico retirrarlle a coroa real.

De feito, o diseño da bandeira no leva trocado; o que si leva trocado son os diferentes escudos heráldicos que levan estado presente na bandeira por motivos de reximen político, de diferente Rei,.. No caso da 2º República, a instauración dun novo modelo de Bandeira Nacional. Pero as dúas, a que naceu no século XVIII (“rojo y gualda), como a tricolor republicana de 1.931 (rojo, gualda e violeta), ambas son Bandeiras Nacionales, có seu respeto histórico, hoxe unha de uso oficial, a outra sen uso oficial, pero con uso histórico, cultural reivindicativo,...

Todas as nosas Enseñas Nacionais deberían ser respetadas, coñecidas e coidadas; cousa que por ignorancia non sucede. Causa sorpresa e admiración ir de visita turística a illa de Alcatraz en San Francisco (California, USA), e nunha gran sala atopar colgada unha gran Bandeira Nacional de España, para lembrar que aquel sitio orixinalmente era un forte costeiro da Armada Española.



¡¡¡Feliz Cumpreanos Bandeira Nacional de España!!!

Pois no ano vindeiro, os nosos gobernantes estarán atentos ás eleccións municipais i de seguro esquecerán o teu 230 aniversario. As veces pensamos que o autor anonimo do “Cantar del Mio Cid” tiña moita razón cando decia que Rodrigo Díaz de Vivar era una gran vasallo, mais nunca tivo un gran rei a quen servir,... Pois algo asi somos os españois, un gran pobo que nunca tivemos grandes gobernantes.

PD: No mundo militar naval, a rendición non é a bandeira branca,... iso son cousas das películas; realmente a bandeira de rendición é negra, arriando a bandeira de combate e o gallardete. Isto é a maior vergoña que poden pasalos marinos de calqueira armada do mundo, por iso todos preferirán afundilo buque, destruilo,... calqueira cousa antes que entregalo rendido.


Mirador do Monte Ancos, a 02 de Xuño do 2.014.

Pedro Alemán Francés. Profesor de Arameo Clásico en la Universidad de Porrera (Tarragona; España)